O Recanto Do Corcovado 1286

O Recanto Do Corcovado 1286 é a nova entrega corcovadiana, a número 1286, viaxamos cara Sudamérica para vos presentar adiantos de discos que van ser publicados ao longo dos vindeiros meses.

Abrimos con dúas pezas do novo disco de Susana Baca, a grande mestra da música afroperuana. Leva por título “Palabras urgentes” e será oficialmente editado a través de Real World o vindeiro 8 de outubro.  A seguir desprazámonos até Cuba para escoitar dúas cancións do disco que Silvio Rodríguez gravou coa banda Diákara a comezos dos 90. A banda Diákara estaba formada por músicos procedentes dos Irakere e de Afrocuba, con quen Rodríguez xa gravara os discos “Causas y azares” (1986) e “Oh melancolía” (1988). O disco será finalmente editado nas vindeiras semanas. Conectámolo con dúas novidades do selo alemán Agogo Records. A primeira, o primeiro adianto do novo traballo da formación peruana Bareto, mestres da cumbia e da psicodelia. O segundo, o novo EP do proxecto Jembaa Groove, liderado polos músicos nómadas Eric Owusu e Yannick Nolting. Na recta final do programa desprazarémonos até Israel para descubrir as novas gravacións do contrabaixista Avishai Cohen e do pianista Shai Maestro. Cohen gravou o seu novo disco, “Two Roses”, coa axuda da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo. Maestro publicou o seu novo disco coma líder, “Human”, a través do selo alemán ECM. O Recanto Do Corcovado 1286

Lois Atanes RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: