O Recanto do Corcovado 1287

O Recanto do Corcovado 1287 é un novo episodio, compartido, do programa dirixido e presentado por Lois Atanes para rkvradio.com

Neste Corco número 1287 centrámonos en novidades discográficas asinadas por artistas e bandas da península ibérica. Abrimos dende Palencia con “Germinal”, o novo disco de El Naán. Gravárono coa colaboración de, entre outros, Xabier Díaz e Germán Díaz. No disco explóranse as raíces afroibéricas da tradición de Castela, á ver que se constrúen pontes musicais coa canción popular latinoamericana. O disco é sensacional. Enlazámolo con “A la casa de las locas”, o novo traballo dunha das bandas trad máis lonxevas do noso Estado, os extremeños Acetre. De aí saltamos a Galiza para descubrir “Tal como as nubes”, o novo disco en solitario de Beatriz Martínez. Coñecemos a Martínez a través do seu traballo cos Ghaveta, ademáis de polas súas gravacións a dúo con Rodrigo Romaní. Neste disco tómase a poesía de Rosalía de Castro como alicerce dun discurso musical tan creativo coma ben traballado. Na segunda parte do programa adiántovos temas dos novos discos de Pedro Pastor e Hugo Arán. O novo traballo de Pastor levará por título “Vueltas”, e será editado o 1 de outubro. O disco do cantor barcelonés Hugo Arán sairá á rúa o 6 de outubro, e estou xa en disposición de vos adiantar que é, sen dúbida, o seu mellor disco. Na recta final do programa escoitamos “Lord, I’m alive”, o quinto sinxelo do que vai ser o novo disco de Nastasia Zürcher. O Recanto do Corcovado 1287

Lois Atanes RKV / RADIO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio