O Recanto do Corcovado 1288

O Recanto do Corcovado 1288 é un novo capítulo do programa que leva dende o 2001 espallando ondas musicais nutritivas. O programa 1288. Puidestes escoitalo o venres 1 de outubro a través de RKV Radio e RCFM Radio Crónica Folk Musical, e o sábado 2 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. No anterior Corco 1287 adiantábase un dos temas incluídos en “Extinciones y sus causas”, o novo traballo do cantor barcelonés Hugo Arán. O disco editarase oficialmente o vindeiro 6 de outubro, mais estamos xa en disposición de volo presentar. Con el abrimos o noso novo programa. O Recanto do Corcovado 1288 de marcada orientación ecléctica.

Estréovos tamén “Great tunes from the World Music Charts Europe”, disco compilatorio que celebra os 30 anos de vida dunha das listaxes de referencia dentro do eido das músicas de raíz contemporáneas. Centraremos a nosa atención nos proxectos peninsulares que foron escollidos para este disco: Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, La Banda Morisca e Lina & Raül Refree. Na segunda parte do programa escoitamos dous discos ben atractivos. O primeiro, “Kôrôlén”, traballo asinado por Toumani Diabaté e a Orquestra Sinfónica de Londres. O disco foi gravado no Barbarican Centre o 29 de outubro do 2008, e edítase agora en formato físico. O segundo, “Sisyphus”, da artista grega Sofia Labropoulou. Labropoulou, virtuosa do qanun, explora no seu diso as conexión musicais entre Grecia e Oriente Medio. O resultado é sensacional. https://go.ivoox.com/rf/76273590

Lois Atanes O Recanto do Corcovado RKV / RADIO Venres 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio