O Recanto do Corcovado 1297

O RECANTO DO CORCOVADO 1297 Adicamos o programa a novidades finlandesas onde os arranxos orquestrais gozan de especial protagonismo. Arrancamos en clave pop para, a seguir, entrar de cheo no mundo do jazz experimental, da clásica contemporánea e do rock. Estreamos os novos discos de Yona coa Tapiola Sinfonietta, Johanna Elina Sulkunen e Pekka Kuusisto – Musician & Norwegian Chamber Orchestra. Completamos o programa con «Aamunkoi», o novo de Pekko Käppi & K:H:H:L. RECANTO DO CORCOVADO 1297

No O RECANTO DO CORCOVADO 1297 imos xogar ao despiste sinfónico: imos escoitar proxectos que, na súa meirande parte, son inclasificables en termos de xénero ou estilo. Agora ben, en todos eles a orquestra sinfónica terá un rol protagonista. Vouvos estrear «Uni, johon herään» (O soño que me fai espertar), o novo traballo da cantante finladesa Yona. Gravouno coa colaboración da Tapiola Sinfonietta. Entrará a seguir «Terra», o segundo volume do proxecto «Sonority». A súa responsable é a tamén finlandesa Johanna Elina Sulkunen, artista afincada en Copenhague dende hai anos. Na súa proposta, de marcada tendencia existencial, interveñenen cordas, contrabaixo, electrónica e percusión. O resultado é sensacional. Estreareivos, para rematar, a nova gravación do violinista Pekka Kuusisto – Musician. Gravouna coa Orquestra de Cámara de Noruega. O repertorio está adicado a distintas obras de Philip Glass e Nico Muhly. Remataremos este repaso á expresividade orquestral con Pekko Käppi e os K:H:H:L.

O RECANTO DO CORCOVADO 1297 foi emitido o venres 3 de decembro por RKV Radio e o sábado 4 a través de Cuac FM Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 8 de decembro entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: