O Recanto do Corcovado 1300

O Recanto do Corcovado 1300. O Corcovado non para polo Nadal con este novo programa chegamos ás 1300 edicións. Abrimos o programa coa estrea de “Somos a pedra”, o novo traballo da banda galega Os d’Abaixo. Escoitamos tamén “Terra”, a canción coa que as TANXUGUEIRAS tentarán ir á vindeira edición do Festival de Eurovisión. Dous temas adianto de “Colaxe”, novo disco da banda do Val Miñor DAKIDARRÍA, non esquecemos “Mussol”, o novo EP dixital no que está a traballar Carles Dénia. Pechan María Toro e o proxecto Gaur.

O Recanto do Corcovado 1300
O Recanto do Corcovado 1300

“Somos a pedra”, o novo traballo da banda galega Os d’Abaixo, foi gravado ao vivo no estudo, e nel depuran o seu estilo ao máximo, entrando de cheo na excelencia. Escoitamos tamén neste Corco 1300 “Terra”, a canción coa que as Tanxugueiras tentarán ir á vindeira edición do Festival de Eurovisión. Este feito dános pé para reflexionarmos sobre o significado cultural da música no contexto dun festival comercial de alcance global. Completamos a páxina adicada á actualidade con dous temas adianto de “Colaxe”, o que será o novo disco da banda do Val Miñor Dakidarría, sen nos esquecer de “Mussol”, o novo EP dixital no que está a traballar Carles Denia. Pechamos o programa con María Toro e co proxecto Gaur. O Recanto do Corcovado 1300

Puidestes escoitar O Recanto do Corcovado 1300 o venres 24 de decembro a través de RKV Radio e o sábado 25 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 29 soamos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: