O Recanto do Corcovado 1301

O Recanto do Corcovado 1301 Pechando o 2021 adicamos o programa a discos recibidos hai meses que, por un motivo ou outro, aínda non soaran. Todos eles encaixan dentro da difusa etiqueta das músicas instrumentais contemporáneas, ou mesmo dentro do ámbito do nujazz.

Abrimos o programa con “Cinema”, o novo compilatorio adicado á obra do italiano Ludovico Einaudi. A seguir, preséntovos “Variations on a Melancholy Theme”, o disco que Brad Mehldau gravou no ano 2013 xunto á Orquestra de Cámare Orpheus. Tivemos que agardar algo máis de oito anos para telo editado en formato físico. Na parte final do programa desprazámonos a terras escandinavas para escoitar os novos discos do trompetista noruegués Nils Petter Molvaer e do guitarrista danés Jakob Bro. O Recanto do Corcovado 1301

O programa número 1301 foi emitido o venres 31 de decembro a través de RKV Radio e o sábado 1 de xaneiro por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 5 soamos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO VENRES 23:00 RKV / RADIO LIVE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: