O Recanto do Corcovado 1307

O Recanto do Corcovado 1307 Abrimos o programa con Ismo Alanko. Estreamos tamén “Yty”, o novo disco do proxecto “Tunto” liderado polo guitarrista e multinstrumentista finlandés Matti Wallenius. Pechamos a primeira parte do programa con “The Unfolding”, novo disco da compositora norirlandesa Hannah Peel. Na segunda parte do programa as novas cancións de Carles Dénia, A banda da Loba e máis TANXUGUEIRAS. Pechamos o programa co Cuarteto Caramuxo e co artista portugués Manuel Maio, quen vén de editar o seu novo disco, “Sem olhar ao tempo”. O Recanto do Corcovado 1307

.

Ismo Alanko é un dos artistas máis respectados do panorama musical finlandés. A súa música adoita se catalogar dentro do ámbito do rock, mais Alanko ten gravado músicas de corte pop e mesmo experimental. É o caso dos seus traballos xunto a Kimmo Pohjonen, por exemplo. Aproveitando a reedición da súa escolma “Hitit”, adicada ás gravacións realizadas entre os anos 1989 e 2001, descubrimos parte do seu repertorio. Estreamos tamén “Yty”, o novo disco do proxecto “Tunto”. O proxecto está liderado polo guitarrista e multinstrumentista finlandés Matti Wallenius, quen integra na súa proposta referencias cruzadas: háichevos pop, e experimentación, mais tamén raíces populares. Pechamos a primeira parte do programa con “The Unfolding”, adianto do que vai ser o novo disco da compositora norirlandesa Hannah Peel. Gravouno coa Paraorchestra de Bristol, e será editado en abril a través de Real World. Na segunda parte do programa seguimos coa nosa xeira de estreas. Preséntovos as novas cancións de Carles Dénia, A Banda da Loba e máis Tanxugueiras. Todas elas forman parte dos seus novos discos, os cales serán editados ao longo dos vindeiros meses. Pechamos o programa co Cuarteto Caramuxo e co artista portugués Manuel Maio, quen por fin vén de editar o seu novo disco, “Sem olhar ao tempo”.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio