O Recanto do Corcovado 1318

O Recanto do Corcovado 1318 Adicamos o programa a novidades galegas editadas ao longo dos últimos meses. Escoitamos pezas de Xabier Díaz, Uxía & Javier Ruibal, A Pedreira, Nastasia Zürcher, Narci Rodríguez dA Trío, Madalena Gamalho, Cuarteto Caramuxo, Xosé Miguélez e Terela Gradín.

Ao longo das últimas semanas témosvos comentado, en múltiples ocasións, que o ano 2022 está a ser un grande ano para a música galega. O número de edicións de calidade é xa incontable, e moitas delas ameazan con formar parte de calquera listaxe onde figuren os mellores discos do ano. Se vos parece, no programa desta fin de semana facemos un alto no noso habitual repaso á actualidade, adicamos o programa enteiro a discos galegos presentados nestes últimos meses. Cómprenos salientar, de todos os xeitos, que nin sequera temos tempo para que soen todos os traballos que merecerían formar parte deste repaso. Escoitamos temas de Nastasia Zürcher, o Narci Rodríguez dA Trío, Madalena Gamalho, o Cuarteto Caramuxo, A Pedreira, Xabier Díaz, Xosé Miguelez, Uxía con Javier Ruibal e máis Terela Gradín.

Edición número 1318 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 29 de abril por RKV Radio e o sábado 30 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Reondela. O mércores 4 de maio soamos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio