O Recanto do Corcovado 1321

O Recanto do Corcovado 1321 O programa desta semana chégavos cargado de afrobeat, highlife, jazz, pop e funk.

Estréovos, por fin, o novo disco da Rhabdomantic Orchestra. Leva por título “Almagre”, e inspírase a partes iguais no surrealismo e no Realismo Máxico. Tédelo na rúa dende o pasado 6 de maio a través de Agogo Records. Entra tamén “Unite”, a nova gravación dos Ogún Afrobeat, antes de abrir unha máis que inqueda páxina adicada ao jazz finlandés contemporáneo. Comezamos con “Wahoo!”, traballo pioneiro editado no ano 1973 por Eero Koivistoinen e a súa Music Society. O disco vén de ser reeditado en formato CD, o cal nos dá a oportunidade de descubrir un dos grandes referentes do jazz e da fusión no contexto dos países nórdicos. Soa a seguir “Terra Exotica”, o novo disco de Jimi Tenor coa UMO Helsinki Jazz Orchestra, antes de pechar o programa con “Potsdam”, a nova gravación de Iiro Rantala para o selo ACT. Completamos o programa con temas de Nastasia Zürcher e máis o Narci Rodríguez dA Trío.

O Recanto do Corcovado 1321 puidéstelo escoitar o venres 20 de maio a través de RKV Radio e o sábado 21 a través de Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. O mércores 25 soamos tamén na sintonía de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio