O Recanto do Corcovado 1327

O Recanto do Corcovado 1327 Chegamos ao final da tempada 2021-2022, a número 22. Coma sempre, estaremos de vacacións até o vindeiro mes de setembro. Antes do parón, escoitamos discos galegos editados ao longo das últimas semanas. Comprobamos, unha vez máis, o alto nivel creativo dos artistas e das artistas do noso país. Soan, entre outros, Tanxugueiras, A Banda da Loba, A Pedreira, Valentín Caamaño, Cró!, A Orquestra Galega de Liberación, Javier Otero Neira e máis Nastasia Zürcher.

Puidestes escoitala o venres 1 de xullo por RKV Radio e o sábado 2 por Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. O mércores 6 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Estaremos de volta a primeira fin de semana de setembro. O Recanto do Corcovado 1327

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio