O Recanto do Corcovado 1328

O Recanto do Corcovado 1328 Boas! O Corcovado está de volta. Comeza a nosa tempada 2022-2023, a número 22. Imos adicar o programa á actualidade discográfica, mais botarémoslle tamén un ollo á axenda. Todas as novidades estarán asinadas por artistas galegas ou galegos.

Estreamos os novos traballos de Quico Comesaña (disco destacado da semana), Mondra, Catuxa Salom e TANXUGUEIRAS. Falamos tamén do certame Cantos na Maré 2022. Escoitamos temas de parte dos artistas que forman parte do seu cartaz: Chico César, Capercaillie, Guadi Galego e Ugia Pedreira.

Quico Comesaña, quen con “Mãe” demostra que as estruturas do rock progresivo poden encaixar moi ben nas dinámicas da música de inspiración tradicional. O disco é sensacional. Presentareivos tamén os novos temas de Catuxa Salom e de Mondra, ademais de vos lembrar que “Diluvio”, o novo das TANXUGUEIRAS, xa está na rúa dende finais do pasado mes de xullo. Na segunda parte do programa imos analizar o cartaz do festival Cantos na Maré, que se celebrará en Santiago de Compostela do 21 ao 25 do presente mes de setembro. Ademais de lle dar minutos a Guadi Galego e Ugia Pedreira, escoitaremos pezas do cantor da Paraíba Chico César e dos escoceses Capercaillie. Estes últimos presentarán o seu espectáculo sinfónico xunto á Real Filharmonía de Galicia.

Esoitádenos os venres en RKV Radio Vigo (23-00h), o sábado na Radio Municipal de Redondela (11-12h) e máis Cuac FM (23-00h). O mércores entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h). O Recanto do Corcovado 1328

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: