O Recanto do Corcovado 1329

O Recanto do Corcovado 1329 Estreamos os novos discos de Onom Agemo & The Disco Jumpers & Ahmed Ag Kaedy, Perico Sambeat e Ennio Pinillos. Soa tamén un adianto do que vai ser o novo traballo da banda afincada en Melbourne Black Jesus eXperience (BJX). Completeamos o programa con xose miguelez, Valentin Caamaño e Nastasia Zürcher

Tócanos escoitar jazz, ethiojazz, fusión e funk. Abrimos cun par de novidades editadas polo selo alemán Agogo Records. A primeira, “Tartit”, o novo disco da banda berlinesa Onom Agemo e do guitarrista e cantor de Mali Ahmed Ag Kaedy. Logo de vos presentar en primicia un adianto do disco, alá polo mes de xuño, cómprenos volo presentar oficialmente. A segunda, o primeiro sinxelo extraído de “Good Evening Black Buddha”, o que será o novo disco da banda afincada en Melbourne Black Jesus Experience. Na segunda parte do programa estreámosvos novidades peninsulares. Abrímola con “Atlantis”, o novo traballo do saxofonista valenciano Perico Sambeat, para a seguir escoitar o fascinante primeiro traballo como líder do saxofonista vasco Ennio Pinillos. Completamos o programa dende Galiza con Xosé Miguélez, Valentín Caamaño e Nastasia Zürcher. O Recanto do Corcovado 1329

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio