O Recanto do Corcovado 1330

O Recanto do Corcovado 1330 Estreamos, dende Finlandia, os novos discos de Solju e Päivi Hirvonen. Entramos a seguir no terreo do jazz contemporáneo para escoitar os novos discos de Brad Mehldau, Avishai Cohen, Krajenski e Gyedu Blay Ambolley.

O programa desta semana vén cargado de novidades. Abrímolo con “Uvjamuohta” (neve en po), o novo disco do cuarteto finlandés Solju. Dende Finlandia chega tamén Päivi Hirvonen con “Kallio”, o seu segundo traballo en solitario. Na segunda parte do programa mudamos de xénero para nos adentrar no espazo do jazz contemporáneo. Facémolo da man de Brad Mehldau, quen chega coa súa “Jakob’s Ladder”, disco de inspiración bíblica repleto de bo jazz progresivo. Estréovos tamén “Shifting Sands”, o último disco para formato trío de Avishai Cohen, antes de vos presentar dúas novidades do selo alemán Agogo Records. A primeira, un adianto do que vai o disco número 35 na carreira de Gyedu Blay Ambolley. Ambolley, un dos grandes mestres do hi-life jazz ghanés, adicada este traballo á recreación de grandes estándares de artistas como Thelonius Monk ou John Coltrane. O resultado é sensacional. Pechamos o programa coa estrea de “B-3, vol. 1”, o novo traballo do trío comandado polo organista alemán Lutz Krajenski.

Edición número 1330 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 16 de setembro por RKV Radio e o sábado 17 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 21 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO 1330 RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio