O Recanto do Corcovado 1346

O Recanto do Corcovado 1346 Coma xa vos avanzamos a pasada semana, adicamos os dous primeiros programas do ano aos 15 mellores discos do pasado 2022.

Desta volta imos incluir un novo condicionante: debido á altísima calidade das producións feitas no país, todos os discos están asinados por artistas galegos e galegas. Ademais, baseamos a nosa escolla en dúas premisas máis. A primeira, non consideramos EP’s nin discos gravados ao vivo que non conteñan un repertorio novo. A segunda, só incluímos na nosa listaxe traballos que puidemos vos presentar e escoitar integramente. Todos aqueles discos dos cales presentamos adiantos, mais que finalmente non chegaron ás nosas mans, non foron considerados. O Recanto do Corcovado 1346

O Recanto do Corcovado Mellores discos do 2022.Parte 1

Neste primeiro programa descubrimos os discos que ocupan do posto 15 ao 6. Son, por rigurosa orde:

15. A banda da Loba: “Xabón lagarta” (Seispés Producións Creativas).

14. Mel: “A caixa e a chave” (Raso Estudio).

13. Madalena Gamalho: “Invento” (Brandit).

12. Cró!: “Buah!” (Spinda Records).

11. Orquestra Galega de Liberación: “Meets Portugal” (Autoedición).

10. Guadi Galego: “Roibén” (Altafonte Spain).

9. Valentin Caamaño: “All the Gods” (Tiny Moon Records).

8. Xabier Díaz: “Levantarse e caer” (Músicas de salitre).

7. Antía Muíño: “Carta aberta” (Raso Estudio).

6. Cuarteto Caramuxo: “Reviravoltas” (Nakra).

5. Nastasia Zürcher: “But Life is Beautiful” (Autoedición).

Puidestes escoitalo o venres 6 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo e o sábado 7 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 11 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio