O Recanto do Corcovado 148

O Recanto do Corcovado 148 No programa desta fin de semana escoitamos varias novidades. Puidestes escoitalo o venres 20 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo e o sábado 21 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 25 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

A primeira, “ForeverAndEverNoMore”, a nova gravación de Brian Eno. Este disco é en certo senso especial, posto que foi construido a partires da voz humana como elemento vehicular. Había máis de quince anos que Eno non sacaba un disco destas características, dende o seu “Another Day on Earth”. Porén, o disco destacado da semana chéganos asinado polo Trío Samurda, quen vén de editar o seu primeiro disco, “Odisea”. O Samurda Trío levouse o Premios Martín Códax do pasado ano na categoría adicada á música clásica e contemporánea. Integran no seu repetorio pezas de autores non habituais na cultura da música europea de cámara, como é o caso de Ravi Shankar ou Paquito D’Rivera. Na parte final do programa preséntovos a nova revisión, en clave electrificada, que Max Richter vén de gravar a partires das “Catro Estacións” de Antonio Vivaldi. Hai dez editou unha primeira versión deste traballo. Nesta nova intregra elementos electrónicos, mesmo eléctricos, coma é o caso do sintetizar moog. Temos tempo, tamén, para lle facer oco a Su Garrido Pombo. O Recanto do Corcovado 148

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio