O Recanto do Corcovado 1991

O Recanto do Corcovado 1991. Foi emitido o venres 22 de outubro por RKV Radio Vigo. O sábado 23 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela, e o mércores 27 por RCFM Radio Crónica Folk Musical.

“A estranha beleza da vida” é o título do novo disco de Rodrigo Leão. Escribiuno logo do parón obrigado pola pandemia, motivo pola cal tivo que adiar a xira de presentación do seu anterior traballo, “O método”. Gravouno coa colaboración de distintas convidadas e convidados, coma é o caso de Martirio ou da cantora canadiana Michelle Gurevich. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Adicamos minutos tamén a distintos proxectos jazzísticos galegos: escoitamos pezas de María Toro, o proxecto Límbico e o Atlantic Bridge Jazz Project. Na parte final do programa estréovos un adianto do que vai ser o primeiro disco do trío danés AySay. Despedímonos, dende o disco compilatorio “Great Tunes from World Music Charts Europe”, cun emocionante tema do artista bosnio Damir Imamović. O Recanto do Corcovado 1991

Lois Atanes O Recanto do Corcovado RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio