O Recanto do Corcovado 1296

O Recanto do Corcovado 1296, programa presentado por Lois Atanes, foi emitido o venres 26 de novembro por RKV Radio e o sábado 27 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 1 de decembro entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical. Estreamos no comezo os novos discos de Pepe Rivero & Ángela Cervantes e de Javier Otero Neira: do jazz latino de calidade saltamos ao piano contemporáneo de inspiración medieval e popular. Falamos a seguir do espectáculo que Fernando Abreu e Alberto Vilas – Música deron no Culturgal Feira Industrias Culturais, ademais de darvos información sobre o concerto de Guadi Galego en Vigo, dentro do ciclo «Porto Maresía». O segundo bloque do programa está adicado a Joe Hishaishi. Escoitamos pezas incluídas no compilatorio «Songs of Hope», que se centra no seu traballo alén das músicas creadas para o Estudo Ghibli. Teñen especial protagonismo as bandas de son compostas para filmes de Takeshi Kitano, como é o caso de «Kikuyiro» e «Hana-Bi».

Celebrouse en Pontevedra o Culturgal Feira Industrias Culturais. Entre as moitas actividades propostas, destaca o concerto de Fernando Abreu e Alberto Vilas – Música no Pazo da Cultura de Pontevedra. Abreu presentou a edición dixital do seu disco en solitario «Calma», onde o propio Vilas colabora. Alberto Vilas, pola súa banda, presentou os temas incluídos no seu fantástico «Naialma». No programa farémonos eco deste concerto. Haberemos falar tamén do concerto que Guadi Galego no Teatro García Barbón de Vigo, dentro do ciclo «Porto Maresía». Teremos tempo tamén para vos estrear distintas novidades discográficas. A primeira, o novo traballo do pianista cubano Pepe Rivero e da cantante ibicenca Ángela Cervantes. A segunda, «Cantigas dos arrieiros», o novo traballo do pianista da Estrada Javier Otero Neira. Pecharemos o programa co segundo compilatorio adicado á obra do compositor xaponés Joe Hisaishi. Leva por título «Songs of Hope», e céntrase na obra non creada para os filmes do Estudo Ghibli. É o caso de, por exemplo, as bandas de son creadas para distintos filmes de Takeshi Kitano. O Recanto do Corcovado 1296

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio