XABIER DÍAZ

Un novo especial ,  neste caso adicado a música da nosa terra e en concreto a un dos principais expoñentes da música tradicional el é Xabier Diaz.

Dende os seus comezos  nos oitenta ata  Coplas par Icía  no 2007 , despois chega a Nova Galega de Danza , Berrogüetto ata o 2014 e multitude de colaboracions en discos e concertos como Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego entre outros.

A súa música pasou por diversas partes do globo  de Mexico a Zimbaue pasando por Alemaña ou Uruguai.

En 2015 xunto coas Adufeiras de Salitre editase «The Tamborine Man» , alavado pola crítica e galardoado como mellor disco galego nos Premios de música independiente(2016) e se mantivo no top ten da World Music Charts Europe nos meses de Febreiro e Marzo do 2016.

No ano 2018 , chega «Noró ( Algunhas músicas do norte )»de novo compartido coas Adufeiras e centrado nás músicas que habitan no noroeste peninsular.

Neste pasado 2020 , aparecen «As catedrais silenciadas» , onde xa   o binomio coas Adufeiras se consolida coma un proxecto sólido  e que  vai evolucionando hacia unhas produccións onde o autor se deixa ver moito máis.

Unha entrevista para coñecer mellor  a súa maneira de entender a música e un percorrido por a súa discografía , disfrutalo  ou descubrilo … unha viaxe sónora polos sons da nosa terra

Escolma de Pezas:

– Xota de Bazal.

– Muiñeira de San Salvador de Padreiro .

– Tiroliro.

– Capra aegarus hircus.

– Xota delira.

– Pasodoble de Beo.

– Muiñeira ed Limiñoa.

– Unha fala e un cantar.

– Voa o aire.

– La niña de arena.

– Amor con amor se paga.

– No salón das cereixas.

– Illas de sal.

– Unha, duas tres e catro .

– As catedrais silenciadas.

GALIS115 RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: