Un novo especial , neste caso adicado a música da nosa terra e en concreto a un dos principais expoñentes da música tradicional el é Xabier Diaz.
Dende os seus comezos nos oitenta ata Coplas par Icía no 2007 , despois chega a Nova Galega de Danza , Berrogüetto ata o 2014 e multitude de colaboracions en discos e concertos como Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego entre outros.
A súa música pasou por diversas partes do globo de Mexico a Zimbaue pasando por Alemaña ou Uruguai.
En 2015 xunto coas Adufeiras de Salitre editase «The Tamborine Man» , alavado pola crítica e galardoado como mellor disco galego nos Premios de música independiente(2016) e se mantivo no top ten da World Music Charts Europe nos meses de Febreiro e Marzo do 2016.
No ano 2018 , chega «Noró ( Algunhas músicas do norte )»de novo compartido coas Adufeiras e centrado nás músicas que habitan no noroeste peninsular.
Neste pasado 2020 , aparecen «As catedrais silenciadas» , onde xa o binomio coas Adufeiras se consolida coma un proxecto sólido e que vai evolucionando hacia unhas produccións onde o autor se deixa ver moito máis.
Unha entrevista para coñecer mellor a súa maneira de entender a música e un percorrido por a súa discografía , disfrutalo ou descubrilo … unha viaxe sónora polos sons da nosa terra
Escolma de Pezas:
– Xota de Bazal.
– Muiñeira de San Salvador de Padreiro .
– Tiroliro.
– Capra aegarus hircus.
– Xota delira.
– Pasodoble de Beo.
– Muiñeira ed Limiñoa.
– Unha fala e un cantar.
– Voa o aire.
– La niña de arena.
– Amor con amor se paga.
– No salón das cereixas.
– Illas de sal.
– Unha, duas tres e catro .
– As catedrais silenciadas.
GALIS115 RKV / RADIO