
A Kanteira tivo unha cita con mad:ame, a última creación sonica da factoría hi-fi:wi-fi (Cé Tomé), un desfile elegante de House, Kraut-Rock, Drum & Bass, cun sampleado de variados instrumentos da música tradicional de diferentes culturas (africana, brasileira, anglosaxona..) cunha mestura natural de bossa, munheira, hip-hop convertindo todo nunha atmósfera hipnótica e fílmica. O máis sorprendente do disco é o continuo equilibrio entre cousas diferentes: analóxico-dixital; asfalto-terra; electrónico-acústico; metafísica-vanalidade; High Fi-Low Fi. Secais non existen tantas diferencias entre cousas distintas.
Audio-Escolma
*MadAme
*They say, they don’t
*Amarelo e tal
*Tempus fugit
