O Recanto do Corcovado 1289 presenta os novos discos de Kongero e Barbora Xu. Dende o disco «Two Tribes vol. 2», pezas de Guts, The Kutimangoes e a Afrodissey Orchestra. Complétase con Susana Baca e, dende o compilatorio «Great Tunes from the WMCE», Trad.Attack e máis Maria Kalaniemi & Eero Grundström.
Dous bloques ben diferenciados, neste episodio 1289. No primeiro, preséntovos os novos discos do cuarteto Kongero e da Barbara Xu. As Kongero interpretan a capella cantigas tradicionais e populares procedentes, na súa meirande parte, da tradición sueca. Barbara Xu é unha artista de orixe checa que reside en Finlandia dende hai anos. Na súa proposta cohabitan as tradición musicais chinesa e finlandesa. Completamos este primeiro bloque coa banda estoniana Trad.Attack! e co dúo finlandés formado por Maria Kalaniemi e Eero Grundström. Ámbolos dous temas están extraídos do disco compilatorio “Great Tunes from the World Music Charts Europe”. No segundo bloque do programa preséntovos o novo volumen da escolma “Two Tribes: an Intercotinental Journey in Rhythm”, recentemente publicada polo selo alemán Agogo Records. No disco constrúense pontes de entedemento musical entre Europa e África a través da interacción artística. Comprobámolo con temas do artista de hiphop Guts, do colectivo danés The Kutimangoes e dos gregos Afrodyssey Orchestra. Adicamos tamén uns minutos á nosa nominación nos Premios Martín Códax da Música dentro da categoría adicada a medios e proxectos de difusión musical. Pechamos o programa cun dos mellores temas de “Palabras urgentes”, o novo traballo de Susana Baca. O Recanto do Corcovado 1289
Lois Atanes O Recanto do Corcovado RKV / RADIO
Día e hora de emisión: Venres as 22:00 en rkvradio.com