O Recanto do Corcovado 1990 é unha nova edición do programa presentado por Lois Atanes e emitida o venres 15 de outubro por Radio Crónica Folk Musical e a RKV Radio. O sábado 16 a través de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Nesta ocasión está adicado á oitava edición dos Premios Martín Códax da Música Galega. Soan, organizadas por categorías, pezas de María Toro (Jazz), Alberto Vilas (Música clásica e contemporánea), Fernando Abreu (Música clásica e contemporánea), Dous (Músicas do mundo), Narci Rodríguez dA Trío (Blues, Funk e Soul), MJ Pérez (Canción de autor), Loiros (Rock) e o dúo Caamaño & Ameixeiras (Folk).
Fixamos a nosa atención en proxectos nominados que optan ao premio en distintas categorías. Cómpre sinalar que este repaso é puramente subxectivo e, polo tanto, decididamente inxusto: debido ao limitado do noso tempo, non podemos adicarlle minutos a todos os proxectos nominados. Introducimos o programa co Trío de Manuel Gutiérrez, quen no 2020 se fixo co Premio Martín Códax na categoría adicada ao jazz e ás músicas improvisadas. Soan, a seguir, e organizadas por categorías, pezas de María Toro (Jazz), Alberto Vilas (Música clásica e contemporánea), Fernando Abreu (Música clásica e contemporánea), Dous (Músicas do mundo), Narci Rodríguez dA Trío (Blues, Funk e Soul), MJ Pérez (Canción de autor), Loiros (Rock) e o dúo Caamaño & Ameixeiras (Folk). Lembrade que o noso propio proxecto é candidato aos Premios na categoría consagrada aos medios e proxectos de comunicación musical. O Recanto do Corcovado 1990
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LUNS 22:00