O Recanto do Corcovado 1992, presentado por Lois Atanes e recentemente gañador da VIII edición dos premios Martín Codax da Música no apartado «mellor proxecto de comunicación musical» foi emitido o venres 29 de outubro a través de RKV Radio e o sábado 30 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 3 de novembro a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical. Coas estreas discográficas da artistas guatemalteca Sara Curruchich e de Pablo Guerrero. O disco de Curruchich, «Mujer indígena», foi editado por Mamita Records. O disco de Pablo Guerrero, «Y volvimos a abrazarnos». Adicamos minutos tamén á gala da oitava edición dos Premios Martín Códax da Música. Escoitamos pezas de parte dos gañadores: María Toro (jazz), MJ Perez (canción autoral) e Alberto Vilas – Música (clásica e contemporánea). Completamos o programa con cancións de El Naán e máis Hugo Arán. O Recanto do Corcovado 1992
Estreamos «Y volvimos a abrazarnos», o emocionante novo disco de Pablo Guerrero. Con el celebra 50 anos de traxectoria discográfica e, paradoxalmente, pon punto e final á súa carreira. O disco editarase oficialmente mañá venres a través de Karonte Distribuciones. Vouvos estrear tamén «Mujer indígena», o segundo traballo da artista guatemalteca Sara Curruchich. O disco, editado hai unha semana por Mamita Records, confirma que estamos diante dunha das voces máis inquedas do panorama musical latinoamericano. Completaremos o programa con temas de El Naán e Hugo Arán, sen nos esquecer dos propios Premios Martín Códax da Música: escoitaremos temas de parte dos gañadores da gala do pasado mércores. Será o caso de Alberto Vilas – Música, María Toro e MJ Perez. A foto de familia tirámola da conta oficial dos Premios.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKVRADIO.COM VENRES 22:00 Gañador da VIII edición dos Premios Martín Codax no apartado «Mellor Proxecto de Comunicación Musical» 2021