O Recanto do Corcovado 1314 No programa desta fin de semana escoitamos temas adianto que confirman que o 2022 está a ser un bo ano para os amantes da música
Chega dende Lovemonk “Tres golpes”, o primeiro tema do vindeiro disco do cantaor Tomás de Perrate. Foi producido por Raül Refree, e é fantástico. O novo disco de Xabier Díaz, desta volta en solitario, percorre os mesmos vieiros da excelencia. Levará por título “Levantarse e caer”, e será editado a mediados do mes de abril. Os temas adianto que vimos de escoitar retrotráenos ao Xabier Díaz de “Músicas de salitre” (2004), un Díaz quen soubo fusionar de xeito coherente pop, música popular e raíces trad. Logo de escoitalo preséntovos un novo tema de “Mussol”, o novo disco de Carles Dénia. Leva por título “Als amics de Tristor”. A peza baséase nun poema da poeta valenciana Maria Beneyto, que foi musicado e gravado por Eva Dénia, irmá de Carles, para ser incluído en “Quan abril era abril”, disco publicado no 2015. Eva Dénia retirouse dos palcos hai meses, así que Carles Dénia réndelle homenaxe con esta versión. Na segunda parte do programa preséntovos discos que xiran ao redor do piano solista. Tal é o caso dos novos discos de Ludovico Einaudi, Javier Otero Neira e Yann Tiersen. Completamos o programa con Ugia Pedreira e Raúl Rodríguez. O Recanto do Corcovado 1314
Escoitarásnos os venres a través de RKV Radio os sábados en Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Os mércores entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00