O Recanto do Corcovado 1317

O Recanto do Corcovado 1317 Estreamos os novos discos de Nastasia Zürcher e do Narci Rodríguez dA Trío. Soan a seguir pezas de Ugia Pedreira e Madalena Gamalho antes pasar á música do Canzoniere Grecanico Salentino e do dúo formado por Justin Adams e Mauro Durante.

Ao longo dos últimos meses estivemos a escoitar cancións asinadas por Nastasia Zürcher que, de xeito ben medido, funcionaban como adianto do seu novo traballo discográfico. A espera rematou: dende o 22 de abril, “But Life is Beauty Full” —velaiquí o seu título— está na rúa. O disco volve estar producido por Adrián Saavadrea, e é inclasificable: nel dámos con inspiración popular, mais tamén con funk, pop luminoso e matices soul. No programa desta fin de semana escoitamos varios temas extraídos deste traballo, con todo merecemento o noso disco destacado da semana. Preséntovos tamén “Apollo III ad infinitum”, a nova gravación do Narci Rodríguez d’A Trío. Narci Rodríguez segue nun estado de forma envexable, e nesta nova escolma de temas demóstrao. Na segunda parte do programa adicamos minutos ao traballo conxunto de Justin Adams e Mauro Durante. Comezamos polo último disco do Canzoniere Grecanico Salentino para a seguir presentar “Still Moving”, disco coasinado por Adams e Durante. Completamos o programa desta semana con pezas de Ugia Pedredeira e Madalena Gamalho. O Recanto do Corcovado 1317

O Recanto do Corcovado 1317 soou o venres 22 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 23 a través Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 27 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio