O Recanto do Corcovado 1320 Foi emitida o venres 13 de maio por RKV Radio e o sábado 14 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 18 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical. Estreamos os novos discos de Zaruk e dos OK:KO. Escoitamos tamén temas extraídos dos últimos traballos de Almalé, Koma Saxo & Sofia Jernberg e Andrea Motis.
Hai algúns anos presenteivos “Hagadá”, o primeiro disco do dúo Zaruk. Zaruk está formado pola violonchelista Iris Azquinezer e polo guitarrista Rainer Seiferth. Comezaron a traballar xuntos no ano 2015, co obxectivo de revisar en clave íntima e persoal pezas que pertencen á tradición musical sefardita. Porén, os Zaruk inclúen no seu repertorio non só pezas sefarditas, senón que adoitan interpretar tamén temas asinados por outros autores, así como composicións de autoría propia. No seu novo disco, “Agua”, afondan nesta filosofía creativa. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Preséntovos tamén o novo disco do quinteto OK:KO, proxecto liderado polo batería finlandés Okko Saastamoinen. Na música dos OK:KO converxen, en claro equilibrio, elementos de jazz clásico con aires de free jazz. Completamos o programa con “Koma West”, de Koma Saxo e Sofia Jernberg, e con pezas de Andrea Motis e Almalé. O Recanto do Corcovado 1320
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00