O Recanto do Corcovado 1324

O Recanto do Corcovado 1324 Tomás de Perrate asina con «Tres golpes» o noso disco destacado da semana. Estreamos tamén o novo de Carles Dénia, Tanxugueiras, Orquesta Akokán e Onom Agemo & Ahmed Ag Kaedy. Falamos tamén do concerto en Vigo de Lila Downs, ademais de escoitar a música dos peruanos Bareto.

Esta semana escoitamos novidades de cualidade contratada. Abrimos con “3 golpes”, o novo disco de Tomás de Perrate. Hai un par de meses adiantámosvos un dos temas incluídos neste traballo. Cómprenos agora nos introducir na pureza do seu repertorio. Tédelo na rúa a través de Lovemonk dende hai unha semana. Escoitamos tamén as novas cancións das Tanxugueiras e de Carles Dénia, todas elas incluídas nos que van ser os seus novos discos. Na segunda parte facémoslle oco ao concerto que Lila Downs dará en Vigo o vindeiro 9 de xullo, ademais de vos estrear “16 rayos”, o segundo disco da Orquesta Akokán, formación de New York en activo dende o ano 2018. Completamos o programa cos peruanos Bareto e cun adianto de “Tartit”, o que será novo disco da banda berlinesa de afrofunk Onom Agemo e do guitarrista e cantante de Mali Ahmed Ag Kaedy. Sairá á rúa a través de Agogo Records o vindeiro 1 de xullo. O Recanto do Corcovado 1324

Podedes escoitarnos os venres a través de RKV Radio o sábado en Cuac FM A Coruña e na Radio Municipal de Redondela. Os mércores soamos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio