O Recanto do Corcovado 1331 No programa desta semana viaxamos de Galiza a Xapón para escoitar distintas novidades discográficas. Abrimos o programa con “Paxaro do demo”, tema escrito por Xoel López e Baiuca. Foi estreado a finais do pasado mes de xuño. Preséntovos tamén “Camiño longo”, traballo que celebra os 30 anos de traxectoria artística da banda Treixadura. Gravárono coa colaboración de Rodrigo Romaní, Cantigas e Agarimos e a Banda Municipal de Música da Coruña. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Pechamos este primeiro bloque con “Mãe”, o primeiro disco en solitario de Quico Comesaña. Na segunda parte do programa desprazámonos até o país do sol nacente para escoitar “Esperanto”, disco que contén música escrita por Ryuichi Sakamoto para a coreógrafa norteamericana Molissa Fenley. Este traballo foi editado no Xapón no ano 1985, e permaneceu inédito en Europa até novembro do pasado ano 2021. A nivel musical, Sakamoto xoga co ambient, o synth-pop e a electrónica experimental dun xeito tan extremo coma creativo. Os minutos finais do programa están adicados a outro artista nipón, Kazuki Tomokawa. O selo neoiorquino Blank Forms Editions vén de reeditar os seus tres primeiros discos, gravados entre os anos 1975 e 1977. Tomokawa, un dos artistas xaponeses de avant-folk máis reputados do seu país natal, xoga coa psicodelia, o rock, o dramatismo pop e as voces guturais para crear unha música altamente inclasificable, mais sempre aditiva. O Recanto do Corcovado 1331








O Recanto do Corcovado 1331 Foi emitido o venres 23 de setembro por RKV Radio e o sábado 24 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 28 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00