O Recanto do Corcovado 1335 No programa desta semana abrímoslle a porta á fusión e ao jazz actual. Estreamos os últimos discos de Charles Lloyd , Gyedu-Blay Ambolley and Music, Theo Croker e o Silva Kallionpää Quartet. Completamos o programa co disco de remixes creado por Carl Stone para o selo de Helsinki We Jazz.
Preséntovos, no arranque, o primeiro volumen do tríptico para tríos de Charles Lloyd. Gravouno con Bill Frisell á guitarra e Thomas Morgan ao contrabaixo. A banda ten a súa xénese no concerto celebrado na Coates Chapel de San Antonio en decembro do ano 2018, no cal aproveitaron a especial acústica do espazo para potenciar o carácter melódico da proposta. O nivel de entendemento e compenetración musical que amosa o trío é incontestable. Soa a seguir “Hi-life Jazz”, o novo disco do mestre Gyedu-Blay Ambolley. Hai semanas presenteivos un adianto deste traballo, onde Ambolley revisa en clave personal estándares de John Coltrane, Wayne Shorter ou Thelonious Monk, entre outros. O disco foi por fin editado o pasado 7 de outubro a través de Agogo Records. Pechamos este primeiro bloque con “Love Quantum”, o novo disco do artista de post-bop Theo Croker. Na segunda parte do programa desprazámonos até Finlandia para escoitar, en primeiro termo, o novo volumen de remixes do selo Wejazz. Reclutaron para a ocasión o artista norteamericano Carl Stone, quen escolleu pezas incluídas das últimas dez producións do selo para construír os temas. Enlazámolo con “Unadaptable”, o primeiro disco do cuarteto liderado pola talentosa violinista Silva Kallionpää. O grupo funciona dende o 2017, mais agardaron preto de cinco anos para gravar o seu primeiro traballo. O Recanto do Corcovado 1335





Foi emitido o venres 21 de outubro por @RKV Radio e o sábado 22 por Cuac FM A Coruña e a @Radio Municipal de Redondela. O mércores 26 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00