O Recanto do Corcovado 1379. Escollemos como disco destacado da semana «Selene», o último traballo de Pablo Sax F. Sinde. Escoitamos. ademais, os novos traballos de Pablo Sanmamed, Magnus Öström e Pat Metheny. Completamos o programa con tres proxectos editados por We Jazz: trátase das novas pezas de The Stance Brothers (Teppo Mäkynen), Mike Reed e Kenneth Jiménez.
O pasado 7 de decembro, Pablo Sax F. Sinde gravou no Filloa Jazz Club da Coruña unha celebración da luz como fío condutor do seu repertorio. Sax inspírase en distintas personaxes mitolóxicas (Selene, Helios) para reflexionar sobre os ciclos lunares e a súa conexión cos propios ciclos vitais. Contou para esta sesión coa complicidade de Pablo Sanmamed (contrabaixo), Alejandro Vargas (piano) e Sergio González (batería). Escollemos esta gravación, que leva por título “Selene”, como disco destacado da semana. Por aquilo de manter a coherencia xenérica, adicaremos o noso programa 1379 a outras novidades jazzísticas que veñen de ser estreadas. Abrirémolo con “A Room for Travallers”, o último disco do batería sueco Magnus Öström. Entrará a seguir “Dream Box”, novo disco para guitarra solista de Pat Metheny. Na parte central do programa entraemos de cheo na filosofía editorial de We Jazz: habaremos escoitar os novos sinxelos de Mike Reed e Kenneth Jiménez, ademais do primeiro adianto de ”Duktus”, a nova gravación de The Stance Brothers. Baixo este alterego dámos coa figura de Teppo Mäkynen, vello coñecido do programa. Mäkynen, ademais de gravar con nomes do nivel de Timo Lassy, leva tempo a desenvolver unha sofisticada carreira en solitario. Neste proxecto xoga co funk, a distorsión, a batería como dinamo rítmica e o vibráfono como ferramenta melódica. O disco será editado a finais do mes de novembro. É sensacional. Completaremos o programa con “Zugunruhe: inquietude migratoria”, o último disco como líder de Pablo Sanmamed. O Recanto do Corcovado 1379
Se non puidestes escoitar o noso último programa emitido, o número 1379, podedes escoitalo agora en formato podcast. Foi emitido o venres 27 de outubro por RKV Radio Vigo, e o sábado 28 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV RADIO LIVE VENRES 22:00