A Kanteira; sitio musical perigoso

A Kanteira; sitio musical perigoso tivo de convidados no inframundo a xente perigosa que mostraron unha diversa oferta musical; Rock and Roll, Electro art-pop, folkelectrónico, punk-blues.

¡Unha aventura musical de medo!!

A Kanteira; sitio musical perigoso. Abrimos con Catuxa Salom Catuxa, definese; soy Catuxa y vivo en el rural, en una aldea de diez personas en Lugo. En el intento de comprender quién soy yo (mitad nativo-argentina, mitad gallega) nace Catuxa Salom: Una fusión de ritmos tribales latinoamericanos con música en gallego, en un envoltorio electrónico. Empapada en folclore arxentino de Los Nocheros, Mercedes Sosa, Violeta Parra. Namorada da música afroamericana e o country levouna xa en Madrid a formar con outra artista unha banda de «country ibérico». Escoitamos «Aguas venir» unha canción folk-pop naturalista. Rendición e reivindicación da imprescindible auga.

Na envolvente do tempo metereolóxico, pensamos en Ghost Beast, unha formación de Vigo con Pachu Doblas, cantante, guitarrista e autor das cancions; con dous artistas musicais de longa, creativa e exitosa carreira no eido do jazz galego, Iago Fernández, batería, e Xan Campos, pianista. Escoitamos «Wings» un tema que define ben o gustoso art-pop electrónico minimalista.

Dende que debutaron en vivo no Hangar 77, mítica sala de Rock Heavy en Vigo, alá polo 2002, Zona Zero foron pulindo o seu son con material admirado de El último ke zierre, Karbón 14, Segismundo Toxicómano , Motores , que chegaron a telonear. Están na mesma liña de calidade que Aphonnic ou os incombustibles Dismal. Estreamos tema de La Tempestad, último e fresco novo disco de esta banda que levan máis de vinte anos dando bos momentos de Punk, Rock’n’Roll,Nu Metal todo ben mesturado.

Na metade da festa rompen a situación uns terroristas do blues eléctrico. Os corvos que non ven «Blind Crows» van soltando bombas (dende 2008) en formato disco con ráfagas de metralla (cancións) de blues-punk con pouso de todas as épocas; Muddy Waters, Robert Johnson, Winter Brothers, Zen Guerrilla, Thee Michelle Gun Elephant, Sonics, Stooges, Cramps, White Stripes ou Lee County Killers. A Kanteira morrea con Monday Nightmare do último disco 0823…

O seguinte paso foi de Gasolina con Sr. Salvaje, unha banda de rock’n’roll de coiro vintage. M Clan”, “Revólver”, “Los Zigarros”, “Soda Stéreo” (Rock arxentino), AC/DC e Rock Americano dos 70´s. Dende Compostela e a toda hostia!

No inverno coa escuridade non ven mal seguir a esta banda de pop-punk enérxica e divertida de Pop-power-post-punk «Chaleco Reflectante«

Rumia cantante e compositora luso/española namorounos cos cálidos temas de pop vestido de melancolía «Forget me not»  albúm que é moi escoitado en Alemania e Inglaterra. Escoitamos The Best Lines.

Alberto Brandon, Óscar Roal, Carlos Souto y Álex Penido son Helen & Shanna, un grupo que vive na variedade e no gusto polas cancións bonitas. Comenzaron como duo e agora son cuarteto. Dende A Guarda ata Estocolmo pasando por Vigo e Lisboa con parada en Londres. Neste caso viaxan bailando nun Baile de San Vito » Baile Eterno»

Pechamos o local con Boston Babies, banda madrileña de proto punk, pub-rock, punk New York 70′, New York Dolls, Johnny Thunders e Burning como estilo de vida musical. Maravilloso. A Kanteira; sitio musical perigoso

Lista audio

  1. Catuxa Salom – Aguas Venir
  2. Ghost Beast – Wings
  3. Zona Zora – La Tempestad
  4. Blind Crows – Monday Nightmare
  5. Sr. Salvaje – Vuela
  6. Chaleco Reflectante – Espiral
  7. Rumia – The Best Lines
  8. Helen & Shanna – Baile Eterno
  9. Boston Babies – Golden Ones

SUSANA ESTRAGHA (XOSE OTERO FREIRE) A KANTEIRA RKV RADIO LIVE LUNS 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio