O Recanto do Corcovado 1390

O Recanto do Corcovado 1390. A Edición número 1390 de O Recanto do Corcovado puidestes escoitala o venres 12 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 13 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 17 a través de Radio Crónica Folk Musical. Segunda parte do noso repaso os mellores discos galegos do 2023. Escoitamos do posto 6 ao 1, e desvelamos cal foi, na nosa opinión, o mellor disco galego do ano.

Lembrade cales son os criterios que usamos para elaborar esta escolma:

1. Só consideramos discos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado ano.

2. Unicamente incluímos discos que puidemos presentar e escoitar no programa. Todos aqueles discos que por algún motivo non chegaron ás nosas mans, quedan descartados. Neste senso, non valoramos traballos que non puidemos escoitar enteiros, por moito que programaramos algunha peza do seu repertorio.

3. No ámbito jazzístico, valoramos só aqueles traballos liderados por músicos ou músicas do país.

Os discos escollidos son:

6. Caldo: “Lugar a ponte” (Luneda/Autoedición).
5. Ataque Escampe: “Cabalgata” (Autoedición/Tremendo Audiovisual).
4. Pablo Sanmamed: “Zugunruhe” (ACentralFolque).
3. Loiros: “Back from the Edge” (Autoedición).
2. Alberto Vilas: “11 cancións e unha danza” (AMG).
1. Caamaño & Ameixeiras: “Quitar o aire” (Raso).

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio