O Recanto do Corcovado 1388. Os novos traballos de FRÄNDER, Rüüt, Johanna Juhola Music, Northflip, JPP & Panu Savolainen e Vilma Jää Music. Pechamos o ano cun adianto do novo disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, á venda a mediados do vindeiro mes de febreiro. A vindeira semana ofrecerémosvos a primeira parte do noso habitual repaso os 15 mellores discos galegos do pasado ano.
Rematando o 2023 e coma sempre, imos adicar as dúas primeiras semanas do ano novo aos quince mellores discos galegos do ano. Mais antes, imos adicar o noso derradeiro programa do ano a discos publicados nas últimas semanas que, por un motivo ou outro, aínda non escoitaramos. Abriremos o programa dende Suecia co segundo disco da banda FRÄNDER, quen evocan no seu son os traballos o son dos Hoven Droven ou Garmarna, entre outra bandas. Conectarémolos co terceiro disco da banda estoniana Rüüt para, a seguir, vos estrear dúas novidades finlandesas, as asinadas polo dúo Northflip (Viivi Maria Saarenkylä Accordionist e J-P Piirainen – Guitele artist) e polos máis que vetereanos JPP. Os JPP, con máis de 40 anos de traxectoria sobre as súas costas, veñen de publicar un máis que salientable disco co vibrofonista de jazz Panu Savolainen. Completaremos o programa con Vilma Jää Music, Johanna Juhola Music e Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre. O Recanto do Corcovado 1388
Puidestes escoitalo o venres 29 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 30 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 3 de xaneiro a través de Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00