Dreams of Dolly Sheep

Dreams of Dolly Sheep. A Kanteira cítase con Candi, voz, letrista e guitarra de DODS (Dreams of Dolly Sheep) para esquilar a Dolly na sua última interpretación «Misantropía». Un disco grabado antes da Pandemia e como milleiros de proxectos fóronse o carallo. Pero agora estamos no post e ainda que sexa con moito lodo polo medio os cogumelos asoman. Presentación, con ano e medio caseque dous de retraso, na golosa Fabrica de Chocolate. O 13 de Novembro do 2021.

Dreams of Dolly sheep sairon do laboratorio no 2003 e no 2007, estreanse cun single CD autoeditado Luces de Colores con duas cancions Ciudad Juárez e Glamour, supoñía a sua estrea oficial no mundo discográfico despois de Demo (traballo maqueta)onde xa mostran as intencións musicais. Amamantados polo Grunge e os sons ásperos e distorsionados dos anos noventa do século vinte fixándose en lumbreras como The Smashing Pumpkins, The Mars Volta, The Cure, Queens of the Stone Age ou Nick Cave. No 2013, anos despois, regresan con outro traballo autoeditado «Laboratorio Clónico 3» e no 2015 editan Amok, Cariño y Saliva. Grabaron Alberto Cordeiro (batería), Miguel Varela (bajo) David Rodríguez (guitarra), Juan Piñeiro(teclado) e Candi Sanjuan (voz e guitarra) nos estudios Litium de Pontevedra, baixo a dirección de Rafa Darrosa, e masterizado nos Mastering Mansion de Madrid por Nick Litwin. Dous discos onde afondan no post-rock na psicodelia e nas tormentas sonicas distorsionadas. Tivemos que agardar cinco anos para a chegada dun novo disco dos DODS, e cando todo estaba listo para presentalo en público, chegou a pandemia maldita e non houbo maneira. Misantropía (2020) un álbum de oito cancions grabados nos estudios Silver Recordings de Bilbao mesturado e masterizado por Martín Guevara da banda Cápsula. O deseño do disco foi realizado por Markel Urrutia (Smoke Signals Studio). O disco abonda nas liñas musicais que xa comentamos Post Rock, Post Hardcore, Grunge, Distorsión, riff poderosos discontinuos, atmósferas que axfisian suavizado todo con momentos doces e agradables. As letras directas a conciencia con historias crudas e reais que nos fan reflexionar sobre a situación social mundial.

O grupo ten cambios na alineación agora son un cuarteto formado por: Cándido Sanjuan (voz e guitarra), Miguel Varela (baixo), Toni Areses (batería) e Rafa Álvarez (guitarra)

Nesta edición da A Kanteira desglosamos con Candi o disco enteiro «Misantropía» e ¡sobrevivimos!

SUSANA ESTRAGHA RKV / RADIO MÉRCORES 22:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: