O Recanto do Corcovado 1294

O Recanto do Corcovado 1294, programa presentado e dirixido por Lois Atanes escoitado o venres 12 de novembro por RKV Radio, e o sábado 13 pola Radio Municipal de Redondela e máis Cuac FM A Coruña. O mércores 17 en RCFM Radio Crónica Folk Musical. Adicamos o programa a novidades finlandesas. Abrimos en clave jazzística para, a seguir, entrar no terreo do rock, o free jazz e o progresivo. Escoitamos os novos discos de Aki Rissanen, Case Kämäräinen, KUU! e Ismo Alanko coa Oulu Sinfonia – Oulu Symphony Orchestra.

No programa desta semana imos escoitamos novidades finlandesas. Haberá jazz, mais tamén psicodelia, progresivo e rock. Vouvos estrear «Divided Horizon», o novo traballo do talentoso pianista Aki Rissanen. Compúxoo no verán do pasado ano aproveitando o parón obrigado pola pandemia. Imos escoitar tamén «Kaiken maailman kehtolauluja» (Cantigas de berce de todo tipo), a nova gravación de Ismo Alanko. Gravouno coa Oulu Sinfonia – Oulu Symphony Orchestra. Alanko é un dos músicos de rock máis respectados do país nórdico. Nós coñecémolo, fundamentalmente, a través das súas gravacións con Kimmo Pohjonen. Remataremos o programa con dous cuartetos internacionais dirixidos por músicos finlandeses. O primeiro, os KUU, formación liderada polo guitarrista Kalle Kalima. O segundo, os Case Kämäräinen, cuxa actividade creativa é coordinada, fundamentalmente, polo batería Tomi Kämäräinen. O Recanto do Corcovado 1294

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO VENRES 22:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: