O Recanto do Corcovado 1325

O Recanto do Corcovado 1325 Edición número 1325 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 17 de xuño por RKV Radio e o sábado 18 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 23 soamos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Estreamos os novos discos de Cró!, Faarao Pirttikangas & Nubialaiset, Valentín Caamaño e The Machetazo. Pechamos o programa cos OK:KO.

O Recanto do Corcovado 1325 Valentin Caamaño

Nesta semana preséntovos discos catalogables dentro do ámbito do jazz e do rock independente. Abrimos con “Buah!”, o novo traballo da banda de Vigo Cró! Os Cró! fan rock progresivo, mais ben afastado das longas digresións instrumentais de artistas coma Robert Fripp. A súa forza radica no traballo conxunto da banda, tan competente coma convincente. Soa a seguir o novo disco do artista finlandés Faarao Pirttikangas, ben acompañado dos seus Nubialaiset. No seu novo disco seguen a mesturar psicodelia, rock, blues e raíces tradicionais. Na segunda parte do programa entramos no mundo do jazz da man do guitarrista Valentín Caamaño, quen vén de asinar con “All the Gods” un máis que atractivo disco de elegante bop contemporáneo. Gravouno en formato cuarteto con Xosé Miguelez (saxo), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería). Tédelo na rúa dende finais de maio a través de Tiny Moon Records. Entra tamén “Searching Hard”, o terceiro disco do quinteto vasco The Machetazo. Nel converxen con criterio aires de descarga con jazz de corte clásico. Editouno Errabal Jazz en abril. Completamos o programa co último disco dos finlandeses OK:KO.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: