O Recanto do Corcovado 1331

O Recanto do Corcovado 1331 No programa desta semana viaxamos de Galiza a Xapón para escoitar distintas novidades discográficas. Abrimos o programa con “Paxaro do demo”, tema escrito por Xoel López e Baiuca. Foi estreado a finais do pasado mes de xuño. Preséntovos tamén “Camiño longo”, traballo que celebra os 30 anos de traxectoria artística da banda Treixadura. Gravárono coa colaboración de Rodrigo Romaní, Cantigas e Agarimos e a Banda Municipal de Música da Coruña. Velaiquí  o noso disco destacado da semana. Pechamos este primeiro bloque con “Mãe”, o primeiro disco en solitario de Quico Comesaña. Na segunda parte do programa desprazámonos até o país do sol nacente para escoitar “Esperanto”, disco que contén música escrita por Ryuichi Sakamoto para a coreógrafa norteamericana Molissa Fenley. Este traballo foi editado no Xapón no ano 1985, e permaneceu inédito en Europa até novembro do pasado ano 2021. A nivel musical, Sakamoto xoga co ambient, o synth-pop e a electrónica experimental dun xeito tan extremo coma creativo. Os minutos finais do programa están adicados a outro artista nipón, Kazuki Tomokawa. O selo neoiorquino Blank Forms Editions vén de reeditar os seus tres primeiros discos, gravados entre os anos 1975 e 1977. Tomokawa, un dos artistas xaponeses de avant-folk máis reputados do seu país natal, xoga coa psicodelia, o rock, o dramatismo pop e as voces guturais para crear unha música altamente inclasificable, mais sempre aditiva. O Recanto do Corcovado 1331

O Recanto do Corcovado 1331 Foi emitido o venres 23 de setembro por RKV Radio e o sábado 24 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 28 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: