O Recanto do Corcovado 1993

O Recanto do Corcovado 1993 foi emitida o venres 5 de novembro por RKV Radio, e o sábado 6 pola Radio Municipal de Redondela e máis Cuac FM A Coruña, o mércores 10 na RCFM Radio Crónica Folk Musical. Nesta edición estreamos os novos discos de AySay, José González, Nitin Sawhney, Gautama del Campo e Linda Fredriksson. O Recanto do Corcovado 1993

Logo de lle dar un par de voltas, vimos de definir os contidos do noso programa número 1293. Adicarémosllo a distintos proxectos editados ao longo das últimas semanas. Abriremos en clave ecléctica, saltamos da canción autoral á fusión internacional para rematar en clave de jazz. Estreamos «Local Valley», o cuarto traballo discográfico do cantor sueco Jose Gonzalez. Escoitaremos tamén «Immigrants», o último disco do artista británico Nitin Sawhney. Pecharemos este primeiro bloque co primeiro longo do trío danés AySay. Hai unhas semanas adianteivos un dos temas do disco. Soarán un par de pezas, aproveitando a súa estrea oficial nesta mesma fin de semana. No segundo bloque do programa escoitaremos dúas novidades onde o saxo é protagonista. A primeira, o novo disco do artista de Triana Gautama del Campo. Music. A segunda, o máis que agardado primeiro disco como líder da artista finlandesa Linda Fredriksson. O primeiro tédelo xa na rúa a través de Karonte Distribuciones. O disco de Fredriksson foi oficialmente hai unha semana a través de We Jazz.

O Recanto do Corcovado

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: