O Recanto do Corcovado

O Recanto do Corcovado. Adicamos o noso programa 1285 a distintas novidades finlandeses editadas ao longo das últimas semanas.

Arrincamos con “Aamunkoi” (Amencer), o cuarto disco de Pekko Käppi cos K:H:H:L. Nel converxen, unha vez máis, tradición, rock, psicodelia e in crescendos épicos. Tédelo nas tendas dende o pasado venres a través do selo de Turku Svärt. Enlazámolo co novo do trío Celenka, “Villoi Varsa”. A banda, que funciona como tal dende o ano 2013, está formada por músicos coñecidos grazas ao seu traballo noutros proxectos: Eero Grundström (Suistamon Sähkö, Maria Kalaniemi), Jarkko Niemelä (Alamaailman vasarat) e Emmi Kujanpää. O traballo baséase en distintas cancións populares recollidas en Carelia a comezos do pasado século XX. Está distribuído en toda Europa a través de Nordic Notes. Na segunda parte do programa entramos de cheo no ámbito do jazz finlandés contemporáneo con dúas novidades do selo de Helsinki We Jazz. Abrimos cun adianto de “Juniper”, o que vai ser o primeiro disco en solitario da saxofonista Linda Fredriksson. O disco sairá ao mercado o 29 de outubro, e é simplemente espectacular. Pechamos o programa con novo trío de Timo Lassy. O grupo está liderado polo propio Lassy (saxo tenor), e complétase con Ville Herrala (contrabaixo) e Jaska Lukkarinen (batería). Lassy fusiona soul, groove, electrónica e cordas orquestrais, e faino con moito criterio e creatividade. O Recanto do Corcovado

Lois Atanes RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: