O Recanto do Corcovado

O Recanto do Corcovado adica o primeiro programa da tempada 2021-2022 a distintos proxectos galegos que foron estreados ao longo do pasado verán.

Abrimos en clave trad con “Figa”, a nova canción das Tanxugueiras. Nela, o tradicional hibrídase cos sons urbanos dun xeito tan hábil coma sorprendente. Conectámolo coas estreas de “Peixe”, o novo disco de Xisco Feijoo, e “Aire!”, o máis que elegante primeiro disco do dúo Caamaño & Ameixeiras. Na segunda parte do programa mudamos de orientación temática para nos adentrar no ámbito do jazz. Escoitamos dous temas de “Portus Apostoli”, a nova gravación do Atlantic Bridge Jazz Project. Converxen na dirección do proxecto os talentos de Alberto Conde (piano) e Kin García (contrabaixo). Pechamos o programa con “Límbico”, o novo proxecto do guitarrista afincado en Vigo Iago Marta.

Lois Atanes O Recanto do Corcovado / RKV RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: