O Recanto do Corcovado 1349 O trompetista alemán Frederik Köster, á fronte dos Die Verwandlung, asina con «Stufen» o noso disco destacado da semana.
Tédelo xa na rúa a través de Traumton.
Frederik Köster é un talentoso trompetista alemán de jazz quen, ao longo dos anos, desenvolveu unha carreira vizosa e creativa. Ademais de ter traballado con figuras como Trilok Gurtuk, Biréli Lagrène ou Nils Peter Molvær, comanda o seu propio cuarteto, os Die Verwandlung (A metamorfose, en galego). Na súa música espremen as posibilidades dos instrumentos acústicos, mesturando aires de jazz clásico con sotaques post-bop. Nesta mesma fin de semana editarase o seu novo disco, “Stufen”, a través do selo Traumton O Recanto do Corcovado 1349
Haberemos recuperar, a seguir, a última gravación de xose miguelez, “Contradictio”. Como sabedes, este foi o mellor disco do pasado ano 2022 para este programa. Gravouno coa complicidade de Jean-Michel Pilc (piano), Marcos Cavaleiro (batería) e Carlos Barretto (contrabaixo). Escoitarémolo de novo para vos introducir, precisamente, na música como líder de Jean-Michel Pilc. Este pianista francés afincado en Canadá, de técnica incuestionable, sabe xogar con moita elegancia cos límites da harmonía e do propio sistema melódico. No pasado 2022 editou en dous volumes “Alive”, traballo rexistrado ao vivo no Dièse Onze de Montréal. Gravouno en formato trío, con Rémi-Jean LeBlanc ao contrabaixo e Jim Doxas á batería. O disco é sensacional. O Recanto do Corcovado 1349
Remataremos esta rolda de estreas cun adianto de “Circus/Citadel”, o novo traballo de Antti Lötjönen para o selo We Jazz Records. O disco sairá á venda oficialmente o vindeiro 24 de febreiro. Soarán tamén, xa en clave afrofunk, dous temas novos do inminente novo disco de Gecko Turner. Terédelo na rúa no vindeiro mes de febreiro a través de Lovemonk.



Escoitádesnos os mércores a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h). Os venres en RKV Radio (23-00h), os sábados na Radio Municipal de Redondela (11-12h) e máis Cuac FM (21-22h).
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00
Más RKVradio
Rock KV – Las Canciones Favoritas de la CIA
Una canción repetida cientos de veces durante horas o incluso días a…
Rock KV – Alice No Chains
Un pequeño tributo al legado musical de Alice In Chains recordando tres…
Rock KV – Con Nombre de Mujer
La figura de la mujer a menudo ha inspirado a infinidad de…
Rock KV – El Año del Dragón
Hacemos un pequeño repaso por algunas de las más importantes novedades discográficas…