A Kanteira sitio musical perigoso

A Kanteira sitio musical perigoso. No local A Kanteira, rúa rkvradio, tivemos esmorga coma todos os luns a partir das dez da noite. Nesta troula estivemos disfrutando ata os osos coa arte perigosa de Astrud, Miguel Costas, Eladio Santos, Los jorobados del Miño,Zona Zero, Les Nadie, Lumpen, Dôn, Los Coyotes. Como dicía o poeta resentido «Estamos en guerra pero hai que reflexionar». Un disfrute perigoso.

A bronca de bandeiras nas rúas fainos reflexionar. ¿Quén manexa esta desfeita? A solución atopámola en Astrud «Hay un hombre en España que lo hace todo….»

A canción solución para España foi rexistrada por Astrud no CD-EP “Todo nos parece una mierda”, publicado por Sinnamon Records e Austrohúngaro en novembro do 2004, foi grabada e mesturada por Joe Robinson y Genís Segarra. Autor(es) da letra; Manolo Martínez / Genís Segarra / Eduard Alarcón

Estiveron no garito Los Jorobados del Miño. Rock contundente dos 70′ 80′ 90′ feito por uns músicos de longa traxectoria e que agora están nun momento de facelo por amor a arte e troula. Roberto Rodríguez, guitarra e voz; Ramón Jáuregui baixo; Amaro López, a batería; e Roberto Bande guitarrista, vocal. Ofreceron «Fuera de mi camino» do seu segundo disco EL TREN DE LA VIDA

O xefe, Miguel Costas, regresa a un escenario especial para el. Ali, hai 42 anos, debutaba con Siniestro Total, un 27 de Novembro de 1981. Agora 24 Novembro de 2024 vai montar unha eclipse coa iluminación do nadal vigués. Bailamos sobre a tumba de todos con «No me da la gana» do disco “Alguien tenia que hacerlo”.

O cantor Eladio Santos tivo un momento máxico cando nos cantou Teño saudade (ANDRÉS DO BARRO).

Zona Zero interpretaron outro tema do seu recente «La Tempestad» Rock Metal con moitas capas. Están preparando unha tamén boa para o 2 de decembro 2023 en La Fábrica de Chocolate

Dende arxentina, Córdoba, e caseque cruzando o Atlántico a nado para estar connosco Les Nadie ; Juan Conde, guitarra, voces. Rodri Deladerova, batería. O seu Stoner / Psychedelic foi fantástico. Escoitamos «Grito el Indio»

Avila to Vigo con Lumpem, banda de hard rock e heavy psych que ofreceron «Lose Control» do albúm, SUB, coeditado por:
Quebranta Records, Vinilako, Spinda Records, Burial Records, Lengua Armada, Noizeland Records e Bandera Records.

Dôn, dende Ourense, amenizaron con pop-rock elaborado a base de ingredintes tan naturais como Pink Floyd, Radiohead, U2 e Vega. DÔN son Ana Blanco, voz principal e compositora das letras . Miguel Caride o baixo, Iván, teclista, Miguel Inaraja, guitarra e Óscar Pérez a batería. Escoitamos Ya no me dejo caer.

Pechamos a noita cando xa non había droja que consumir. O epílogo da esmorga correu a cargo do mesmísimo demo Victor Abundancia, pero eiqui transformado nun típico español. Tema vintage da sua etapa coiote. A Kanteira sitio musical perigoso

SUSANA ESTRAGHA A KANTEIRA RKV / RADIO LIVE LUNS 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio