O Recanto do Corcovado 1383

O Recanto do Corcovado 1383 O vindeiro sábado 9 de decembro, Alberto Vilas – Música presentará oficialmente “Once cancións e unha danza”. Farao nun concerto no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a partires das 20:00. Neste disco, Vilas reimaxina en clave swing e bop temas moi coñecidos do cancioneiro popular galego.

Abrimos o programa con «Once cancións e unha danza», o novo disco para piano solista de Alberto Vilas. Trátase dun disco conceptual, arriscado e valente. O disco será publicado en decembro, mais no programa desta fin de semana, grazas á confianza do propio Alberto Vilas, poderei vos adiantar un par de pezas. Vouvos presentar, ademais, “Luz do norte”, a nova e deliciosa canción de Nastasia Zürcher. Gravouna a dúo con Guadi Galego, con Adrian Saavedra á produción musical. As estreas peninsulares non rematan aquí: teremos oco tamén para “Montañesas”, disco onde o dúo Casapalma reiventa o cancioneiro popular cántabro en clave electrónica, mais sempre dende o respecto ás fontes orixinais. Na parte final do programa, en clave afrobeat, vouvos estrear as últimas producións do dúo alemán Mo’ Horizons e da banda chilena Newen Afrobeat. Os Newen Afrobeat veñen de publicar un novo adianto do seu novo disco, que será editado na primavera do vindeiro ano. Para gravar esta peza contaron coa complicidade da cantante colombiana Lido Pimienta. Completaremos o programa con Marco Mezquida Music e Caamaño&Ameixeiras. O Recanto do Corcovado 1383

Se non puidestes escoitalo a fin de semana a través das ondas, agora tedes unha nova oportunidade para facelo en podcast. O programa foi emitido o venres 24 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 25 por Cuac FMA Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

KRAKATANGA 1383

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio