O Recanto do Corcovado 1382 Abrimos o programa co delicioso novo disco de BLICK BASSY. Estreamos a seguir tres novas producións do selo Real World Records: ONIPA, The Breath e o primeiro sinxelo do novo discos de Les Amazones d’Afrique. Completamos o programa cun adianto do novo disco de Natascha Rogers Music, sen nos esquecer da última produción da violonchelista e cantante cubana Ana Carla Maza.
Imos adicar o programa desta semana á análise de discos, que grosso modo, cuestionan o hermetismo asociado a certos xéneros musicais. Abriremos o programa con “Mádibá”, a última e deliciosa aposta discográfica de BLICK BASSY. A seguir vouvos presentar “Kuma Fo”, o primeiro adianto do que vai ser o novo disco de Les Amazones d’Afrique. Levará por título “Musow Danse”, e será editado polo selo Real World Records a comezos do vindeiro ano 2024. O que xa está na rúa é o novo traballo do proxecto ONIPA, tamén a través do selo creado por Peter Gabriel. Na música dos Onipa conviven pop, hip hop, ritmos tradicionais de Ghana e electrónica. Teñen por obxectivo facer que movamos os pés ao ritmo da música. Na segunda parte vouvos adiantar dous temas do que será o novo disco de Natascha Rogers Music, artista holandesa afincada no norte de Francia. Rogers tense declarado seguidora de, entre outros artistas, Chick Corea e máis Yann Tiersen. Na recta final do programa vouvos estrear “Land of my Other”, o novo disco da banda de Manchester The Breath, ademais de “Caribe”, a última produción da cellista, cantante e compositora cubana Ana Carla Maza. O Recanto do Corcovado 1382
Se non puidestes escoitar o noso último programa a través das ondas, agora podedes facelo en formato podcast. Puidestes escoitala o venres 17 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00