O Recanto do Corcovado 1310

O Recanto do Corcovado 1310 “Blood Red”, da Espoo Big Band, é o noso disco destacado da semana. As músicas deste traballo foron escritas por Mikko Hassinen, percursionista da banda. Hassinen inspirouse para crealo na obra “Chámome vermello”, do escritor turco Ohran Pamuk.

O escritor turco Orhan Pamuk publicou a súa novela “Chámome vermello” no ano 1993. Cando a leu, o músico e compositor finlandés Mikko Hassinen sentiuse conmovido e impactado. Inspirándose libremente nesta obra, Hassinen escribiu “Blood Red”, suite para orquestra de jazz que posteriormente foi gravada pola Espoo Big Band. A banda, conducida por Marzi Nyman, contou co traballo do propio Hassinen ás percursións e de Verneri Pohjola á trompeta solista. O disco foi gravado no Teatro Savoy de Helsinki en xuño do ano 2020, mais vén de ser editado hai escasas semanas. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Escoitamos tamén “My Bluegrass Heart”, traballo que pecha a triloxía adicada ao xénero bluegrass que Béla Fleck iniciou no ano 1988 co disco “Drive”. O apartado adicado ás estreas complétase con “Käärme” (A serpe), primeiro adianto do que vai ser o novo disco da artista finlandesa Maija Kauhanen. Redondeamos o programa con pezas de Vilma Jää e máis os estonios Puuluup.

Escoitádenos os venres a través de RKV Radio (23-00h), o sábado na sintonía da Radio Municipal de Redondela (11-12h) e en Cuac FM (23-00). O mércores soaremos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h).

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: