O Recanto do Corcovado 1995

O Recanto do Corcovado 1995, programa presentado e dirixido por Lois Atanes, foi escoitado o venres 19 de novembro por RKV Radio e o sábado 20 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 24 de novembro puidestes escoitalo tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical. Estreamos «Old Wow», o novo disco do cantor británico Sam Lee, antes de entrarmos nas novas músicas de Bob Holroyd para o subselo «X», de Real World Records. Estreamos tamén o fantástico compilatorio «Changüí: The Sound of Guantanamo», do selo Petaluma Records. Escollemos cantigas de Melquíades y su Changüí, Grupo Estrellas Campesinas, Grupo Changüí de Guantánamo e máis Armando «Yu» Rey Leliebre. Pechamos o programa con Susana Baca.

Como ben sabedes, a pandemia de virus corona fixo que moitas bandas e artistas anularan as xiras de presentación dos seus discos editados a comezos do ano 2020. É o caso do cantor británico Sam Lee, quen en xaneiro de dito ano publicou «Old Wow», o seu terceiro disco. Nestes intres, Lee está por fin de xira para o presentar, tanto en Inglaterra coma noutros países europeos. Aproveitando esta circunstancia, abriremos o programa con este traballo. O nivel creativo ao que chegou Lee neste disco é extraordinario. Vouvos estrear tamén parte da música creada polo artista británico Bob Holroyd para o selo Real World Records. No presente mes de novembro completou a publicación de tres EP’s, de acentuado carácter experimental, dentro de «X», o novo subselo da disqueira creada por Peter Gabriel. Na segunda parte do programa adicarémoslle minutos o disco compilatorio «Changüí», proxecto coordinado polo produtor italiano Gianluca Tramontana. Este disco representa un esforzo editorial notable, e tenta sintetizar en catro horas de música o mellor do changüí creado en Guatánamo, a provincia máis oriental de Cuba. Haberemos escoitar pezas do Grupo Estrellas Campesinas, Melquíades y su Changüí e do Grupo Changüí de Guantánamo. O Recanto do Corcovado 1995

Lois Atanes O Recanto do Corcovado RKV / RADIO venres 23:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: