O Recanto do Corcovado 1384

O Recanto do Corcovado 1384. Puidestes escoitala o venres 1 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 2 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 6 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical.

Dámoslle minutos ás Leilía, quen logo de preto de catro décadas, veñen de anunciar a súa despedida co proxecto “Anque me vou non me vou”. Inclúe varios concertos: sábado 2 de decembro estarán actuando no Culturgal Feira das Culturas Galegas, en Pontevedra. O xoves 7 de xaneiro recalarán no Teatro Colón da Coruña antes da súa despedida final, o 13 de xaneiro no Auditorio de Galicia, en Compostela. Non nos queda máis que agradecerlles todo o bo que nos ofreceron ao longo destes anos. Leilía son, por definición e merecemento, unha das bandas máis importantes da historia da nosa música. Da despedida saltaremos a novos comezos, os de Guadi Galego e Sofía Espiñeira. Guadi vén de presentar o proxecto “Síntese Horizonte”, que botará a andar o vindeiro 26 de xaneiro no Teatro Principal de Compostela. Sofía Espiñeira, pola súa banda, comparte connosco o primeiro adianto do seu novo disco, “Xeografías”. Trátase dunha peza íntima, física e reflexiva. Levamos anos á espera do novo disco de Espiñeira, así que tomamos este feito como unha das grandes novas do final do ano. Vouvos presentar, ademais, o segundo sinxelo de “Fado Camões”, o novo disco da portuguesa Lina. Gravouno coa colaboración de Rodrigo Cuevas. Completaremos o programa con Carles Dénia, Nastasia Zürcher, Xoel López, Loiros e Alberto Vilas – Música. Lembrade que este último presentará o seu novo disco, “Once cancións e unha danza”, o vindeiro sábado 9 de decembro no Multiusos da Xunqueira de Redondela. O Recanto do Corcovado 1384

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio