O Recanto do Corcovado 1386

O Recanto do Corcovado 1386. O piano como ferramenta de creación e improvisación é o noso argumento principal. Alberto Vilas – Música, Anni Kiviniemi, Kaisa’s Machine, Signe e David Virelles. Puidestes escoitalo o venres 15 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 16 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 20 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos o programa con “Once cancións e unha danza”, o novo traballo de Alberto Vilas – Música. Logo da súa presentación oficial o pasado sábado, o disco por fin está na rúa. Podemos, por este motivo, adentrarnos con maior profundidade na análise do seu repertorio. Vouvos presentar a seguir os dous primeiros sinxelos extraídos de “Eir”, o primeiro disco para trío da pianista finlandesa Anni Kiviniemi. Kiviniemi reside actualmente nos Estados Unidos, e entende o seu repertorio como unha plataforma para a libre expresión dos seus músicos. O disco será editado por We Jazz o vindeiro 12 de xaneiro. Completaremos esta panorámica sobre o piano como elemento clave con “Carta”, o novo disco do pianista cuabano David Virelles. Na segunda parte do programa vou compartir convosco o traballo da contrabaixista finlandesa Kaisa Mäensivu. Mäensivu reside en Nova York, cidade dende a cal comanda o seu propio grupo, os Kaisa’s Machine. No seu último disco, “Taking Shape”, reflexiona sobre a influencia que as propias paisaxes de Nova York teñen na súa música. Escoitaremos, ademais, o último disco do proxecto vogal Signe, dentro do cal colabora a propia Mäensivu. En xullo editaron “Syntax”, disco que completa a reflexión musical sobre a estrutura da linguaxe iniciada hai dous anos co proxecto “Phonemes”. O Recanto do Corcovado 1386

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio