A Kanteira sitio musical perigoso

A Kanteira sitio musical perigoso presenta unha esmorga mundial con Morfi Grei como esquelete de honra.

Os arribados de outros inframundos que skacharon foron La banda trapera del río, Crim de Tarragona co seu ultimo traballo. Cançons de mort, ensalada de punk-hard-core con riffs moi persoais; estilo Crim. Per catalunya seguim amb o sense amnistia. Tano!  de Girona trouxeron a súa nave “Intanostellar” fabricada no 2023 pero que funciona perfectamente para visitar e montar esmorga polos inframundos. Son dous tripulantes nada maís pero de sobra para machacar hardcore punk en plan Refused ou The Locust. Cala Vento ofreceron un habitación cargada de optimismo retorcido da sua maravillosa “Casa Linda”. El Diablo de Shangai arribaron con Patti Smith e bailaron co seu último disco “113 Pasos Adelante en el Ensanche”  un paso máis  cara un son propio amasado con Televisión, The Strokes e  Fontaines DC, pero eles son uns Arctic Monkeys. Tigre y Diamante chegaron con Fernando Alfaro, o señor. A historia do mellor gol de Cunningham puxo o cemiterio a skachar osos. Tivemos rock and roll e Country cos Howlin’ Ramblers. Borrachera total na esmorga estes tipos son perigosos. Teñen un novo disco “Drunked Hearted man”. Completamos a Esmorga con Mr. River o trío de Pontevedra que leva facendo bo hard rock blues dende o 2017. Nestes momentos andan tuzaros co jazz-rock fusión. A familia maravillosa do folk e do rock e da música bonita “Family Folks fixeron unha visita bestial. Dukkha un trio de vértigo rock independente electrónico. Envolveron todo nunha atmósfera de un agobio agradable. A Kanteira sitio musical perigoso

SUSANA ESTRAGHA A KANTEIRA RKV / RADIO LIVE LUNS 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio