O Recanto do Corcovado 1387

O Recanto do Corcovado 1387 Aquí tedes o podcast co noso programa número 1387, o penúltimo do ano 2023. Puidestes escoitalo o venres 22 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 23 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 27 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical. Se non nos escoitastes a través da radio, agora podedes facelo aqui!

Abrimos con “Rumboia”, o primeiro sinxelo extaído de “Axúdame a sentir”, o novo disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Será editado a mediados do vindeiro mes de febreiro, mais chega con varias datas de presentación xa pechadas: Vigo (Auditorio Mar de Vigo, 9 de marzo); Ourense (Teatro Principal, 22 de marzo); Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia, 13 de abril) e A Coruña (Teatro Colón, 14 de abril). Conectaremos esta peza con “Xeografías”, o último de Sofía Espiñeira, para a seguir entrar no espazo da canción autoral contemporánea: vouvos estrear as últimas producións de Las Nietas del Charli, LaTorre Oficial e Guada. Na segunda parte do programa os límites entre xéneros musicais vanse difuminar grazas aos novos discos das bandas suízas Hyperculte e Yalla Miku. Pecharemos o programa coa sensacional colaboración entre a narradora e intérprete de siwa xaponesa Junko Ueda e a banda de rock PoiL. Poemas épicos do Xapón medieval mesturados con rock progresivo? Si, e funciona dun xeito maxistral. O Recanto do Corcovado 1387

O Recanto do Corcovado 1387

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio